Advertisement
Puntogal
Manifestación en Vigo contra a privatización do futuro hospital PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
jueves, 29 de octubre de 2009

Acto de presentación da mobilización
Acto de presentación da mobilización
A manifestación partirá, hoxe 29 de outubro de 2009 ás 20:00 horas, dende o cruce da Gran Vía con Urzáiz. A Plataforma en defensa da Sanidade Pública convoca unha mobilización, e fai un chamamento a toda a cidadanía a participar porque "Vigo non pode prescindir do hospital que precisa, e ten que sair á rúa defendelo".

A mobilización percorrerá as rúas de Vigo baixo o lema: “A privatización prexudica a túa saúde. Hospital público xa”. 

Perda da especialización en oncoloxia

Asi, o sindicalista da CIG-Saúde, Manuel González, criticou que se aposte por un multihospital, e que se vaia manter o Meixoeiro como hospital Xeral, xa que "se perde a alta especialización en oncoloxia que estaba prevista para este centro", e anotou que sobre o reparto de camas de oncoloxía previstas para este centro só quedaría a metade.

Privatización pola financiación

"Preocúpanos a financiación, porque a privatización supón perda de calidade, e son vellas ferramentas de xestión que precarizan o emprego e diminúen a calidade do servizo", engadiu González.

Diminue o investimento na investigación

Outra das eivas neste proxecto sería a perda que suporía no ámbito da investigación, coas consecuencias que supón para a Universidade de Vigo, que perdería recursos e capacidade de investigación, asi como para a cidadania, en xeral. González engadía que "Vigo ten que defender un hospital de primeiro nivel, e para iso é preciso que se aposte pola investigación, porque senón nunca será un hospital punteiro".

Reclamou tamén á Xunta que "non se lle bote agora a culpa á crise, xa que unha Administración ten que establecer as súas prioridades de gasto e apostar polos servizos públicos", e insistiu na alternativa do financiamento xa acordada coa Sociedade Pública de Investimentos para a construción deste novo hospital.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >