Advertisement
Puntogal
18 de Outubro, día de orgullo dun pobo PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 19
MaloBon 
Escrito por Rafael Cuíña   
jueves, 29 de octubre de 2009

Na memoria colectiva dos pobos, hai datas nas que a plasmación en feitos do imaxinario colectivo, fan que sexan dignas de seren lembradas polas xeracións vindeiras, como testemuña do orgullo da condición de galegos defensores da nosa cultura.

Sen dúbida a manifestación do pasado 18 de Outubro en Compostela é unha data que será de referencia durante moito tempo para milleiros de galegos dispostos a que os seus sinais de identidade non sexan ninguneados por aqueles sectores que miran cara a nosa cultura por riba do ombro, por considerala inferior á da gran España. Xentes de tódalas ideoloxías camiñando xuntas por ese mar de pedra que é a capital galega, a favor do idioma dos seus antergos, e do que queren para os seus descendentes. Galegos dispostos a loitar dende o compromiso social contra os poderes fácticos escondidos baixo grupos de presión, cuxos complexos de inferioridade coa nosa terra, fan poñer en perigo tantos anos de loita polos dereitos deste ancestral pobo, buscando a ruptura de consensos conseguidos dende posicións ideoloxicamente non afíns, pola responsabilidade de salvagarda dun ben superior ao bastardos intereses persoais, como é o idioma nai desta bendita terra.

Dicía ben o deputado do PSdeG Francisco Cerviño estes día no Parlamento de Galicia, que non só acudiron, dentro desa masa de decencia e dignidade que foi pobo manifestándose, nacionalistas e “progres”; alí estiveron galegos dende tódolos recunchos do país, de calquera clase social, ideolóxica, e de calquera condición vital, independentemente dos intentos de politización partidaria que algúns puidesen albergar no seu subconsciente, ou manifestar no consciente, porque a dignidade deste pobo está por riba de siglas e de mentes obtusas.

Difícil papeleta ten o goberno galego vendo esta masa inxente de galegos, uns manifestándose contra as súas medidas, e outros, como pode ser o meu modesto caso, simplemente a favor da nosa lingua e a nosa cultura. O que vive de costas ao seu pobo, envilece a representatividade que democraticamente ten, e que a Historia pode facerlle pagar. A clave pode estar en algo tan sinxelo como respectar os consensos doutras época, nas que os seus dirixentes miraban cara a súa cultura de fronte e non agochados.

Ou non?

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior