|
Varela di que a 'suspensión' de Cultur.gal "non é culpa" da Xunta porque non é a súa organizadora |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
jueves, 29 de octubre de 2009 |
 Roberto Varela O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou que a Xunta "non ten a culpa" da "suspensión" da celebración este ano da terceira edición da Feira Galega das Industrias Culturais --Cultur.gal-- porque non é a entidade responsable de "organizala".
En resposta a unha cuestión parlamentaria formulada pola deputada nacionalista Ana Pontón, o titular de Cultura aclarou que Cultur.gal "non se suprimiu senón que se suspendeu" e atribuíu en exclusiva a responsabilidade de organizar a feira á Asociación Galega de Editores. Neste escenario, Varela advertiu de que o anterior Executivo bipartito subvencionaba o evento "case na súa totalidade" e apostou por regular unha colaboración da Xunta "máis realista e acorde coa actual conxuntura económica". Fronte a iso, a parlamentaria do BNG Ana Pontón subliñou que "culpar" os editores de que "non pedir" á Administración que se convoque a cita "é unha falsidade". "Se non van a gobernar, o mellor que poden facer é disolver a Consellería de Cultura", concluíu.
Trackback(0)
|