Advertisement
Puntogal
O Concello de Ferrol promove a presenza social do galego nos mercados con En galego, con moito gusto PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 2
MaloBon 
martes, 27 de octubre de 2009

Irisarri durante a presentación
Irisarri durante a presentación
O alcalde, Vicente Irisarri, deu a coñecer 'En galego, con moito gusto`, a campaña para promocionar a presenza social do idioma galego nos mercado municipais de Ferrol que levará a cabo o Concello nos vindeiros meses a proposta do Consello Municipal da Lingua e os seus grupos de traballo. Esta iniciativa desenvolverase ata finais do mes de decembro e ten como obxectivo dinamizar estes puntos a través da nosa lingua. No acto da súa presentación participaron tamén o concelleiro de Normalización Lingüística, Manuel Santiago, e Mónica Pantín, vogal da Asociación de Vendedores de Recimil.

A nova campaña inundará os nosos sentidos coa presenza dos sabores en galego, co gusto e co olor dos produtos de maior calidade favorecendo a identificación do galego coa calidade, os mercados de Ferrol e os seus productos co sabor a galego. Estará ata finais de decembro nos mercados, coa súa imaxe e accións, rótulos e paneis informativos, que permitirán coñecer e achegarse á lingua galega e á riqueza do seu vocabulario que neste mundo globalizado vese ameazado, tal e como subliñou o alcalde.

Durante estes meses os usuarios dos mercados municipais recibirán agasallos útiles para a súa visita aos mercados e para potenciar o uso da nosa lingua, como bolsas, mandís, marca horarios para os coches ou documentación sobre os mercados e os seus produtos frescos. Ademais, os luns e mércores haberá un posto informativo en Recimil e os xoves e sábados na Magdalena, onde os seus usuarios poderán recoller un agasallo amosando o seu tícket de compra.

Outra das iniciativas previstas no marco desta campaña é a convocatoria dun concurso de receitas para que todas aquelas persoas que o desexen acheguen a súa experiencia e coñecementos na arte de cociñar con produtos galegos Estas deben ser das modalidades de carne, peixes, sobremesas ou “outros” (legumes, verduras, arroces, pasta, etc). Só poderán participar persoas físicas, quedando pois excluídos, os establecementos de hostalería, bares, restaurantes e asociacións. A receita deberá presentarse redactada en lingua galega nos mercados municipais de Ferrol, no lugar habilitado polas asociacións de mercados ou ben a través do correo electrónico Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam, necesitas ter Javascript activado para poder velo ou mesmo na web do Concello (www.ferrol.es). As receitas deben ser orixinais ou ben unha adaptación persoal doutras xa existentes e non poden ter sido publicadas anteriormente.

O prazo de presentación das mesmas comenzará o 2 de novembro e rematará o 30 dese mes. Coas que resulten seleccionadas o Concello editará unha publicación na que figurará o autor ou autora de cada unha delas. Finalmente, o xurado elixirá a receita gañadora en cada modalidade entregándose un agasallo aos autores das catro receitas premiadas.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >