Advertisement
Puntogal
O retrocesismo do aborto libre (I) PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por M. de Bran   
lunes, 26 de octubre de 2009

Ó non ser o aborto obrigatorio en España (como o é na China comunista, onde pola moita poboación non se lles permite ós matrimonios ter máis ca un fillo), os españois, dos que máis do 80% se declaran católicos, pódese dicir que comprenderon o lexislado sobre este tema pola Lei orgánica de interrupción voluntaria  do embarazo (9/1985, do 5 de xullo), da autoría do PSOE, na que se despenaliza o aborto nestes tres supostos: 1) Para evitar un grave perigo para a vida e a saúde física ou psíquica da embarazada. 2) Se o embarazo é consecuencia dun feito constitutivo dun delicto de violación,  previamente denunciado. 3) No de presunción de graves eivas físicas ou psíquicas no feto.

No segundo caso, o aborto tense que practicar dentro das 12 primeiras semanas de xestación, e no terceiro dentro das 22.  Pero no caso primeiro non se fixaron límites, o que o converteu nunha porta aberta cara ó aborto libre en calquera mes do embarazo, e a España no que algúns chamaron xustificadamente “paraíso abortista de Europa”, cando se descubriron en Madrid e en Barcelona os arrepiantes e innumerables abortos practicados nas clínicas do doutor Morín, médico chileno radicado en España, para máis horror, segundo se publicou, infestado co sida.

Por este primeiro suposto da lei, din os expertos que en España todas as mulleres embarazadas poden abortar cando queiran. E a proba é que non hai ningunha cumprindo condena por abortar, a pesar de que ultimamente se viñeron practicando uns cen mil abortos clínicos ó ano (calcúlase que desde 1985 se practicaron máis dun millón). Por tal impunidade, España incluso se converteu na meca das mulleres estranxeiras que abortan. Precisamente foron estas as que denunciaron os bárbaros abortos practicados nas clínicas do médico Morín.

Na nosa opinión, progresismo é evitar o aborto. Favorecelo é “retrocesismo”. Ademais, en España o aborto é anticonstitucional (só por sentencia do Tribunal Constitucional de 1985 non o é nos tres citados supostos), pois no artigo 15 da Constitución Española dise; “Todos teñen dereito á vida”. É certo que ningún Estado democrático dá erradicado o aborto, que sempre existiu e seguirá existindo. Pero, para que haxa menos, cómpre reducir o número de abortos non desexados mediante unha axeitada educación sexual, e que os poderes públicos lles faciliten ós cidadáns medios anticonceptivos, como son a píldora do día despois, as píldoras anticonceptivas, os inxectables, os parches anticonceptivos, os preservativos, os dispositivos intrauterinos (dius, aneis vaxinais, etc), a vasectomía, a ligadura de trompas, e os remedios caseiros que pasaron á literatura.

A insistencia na educación sexual e nos anticonceptivos é necesaria porque cada vez hai máis abortos voluntarios, que se deben a moitas causas: a embarazos non desexados, á pobreza, á falta de valores humanos, ó estilo de vida e hedonismo das sociedades modernas, ós novos medios para abortar que no pasado non había, ás leis abortistas promovidas polos gobernos desprezadores da cultura da vida, por profesaren  ideoloxías materialistas, etc. Tamén hai mulleres que quedan embarazadas para conseguir un marido, e despois abortan porque lles saíu mal a xogada. E hai malvados que obrigan as mulleres a abortar para non pagarlles unha pensión polo fillo, ou por non querer ter máis fillos dos que xa teñen. Estes homes machistas e crueis fan coma o rei da selva que lles mata as crías á leoa que as coida.

Abortar non é un dereito da muller. O nasciturus (“o que ha de nacer”) non se forma no corpo da nai por autoembarazo, senón por un proxenitor (que tamén ten dereitos sobre el), e é independente da proxenitora. Non é unha parte exclusiva do seu corpo, como o pode ser un pelo da súa cabeza. É falso, polo tanto, que unha nai teña o dereito a decidir sobre a propia maternidade. Para o coñecido escritor e xornalista Fernando Sánchez Dragó, abortar é “converter o nasciturus en vítima dun acto de terrorismo” (semanario Alba, nº 171, do 7 ó 13 de marzo de 2008).

A deshumanización do aborto compáraa Juan Manuel de Prada (columnista de ABC e L´Osservatore Romano) coa escravitude. O escravo non tiña ningún dereito, nin o da vida. E as mulleres que abortan escravizan o nasciturus, pois cren ter o dereito de decidir sobre a vida ou a morte del. A escravitude acabouse, despois dunha loita milenaria. Pero o aborto aínda está comezando. Sobre a súa orixe, escribe este xornalista: “Foron as sociedades constitutivamente inhumanas que floreceron despois da Primeira Guerra Mundial as que lle outorgaron alegremente ó aborto un recoñecemento legal”. E conclúe: “Aceptar socialmente o aborto, arbitrar leis que o amparen corrompe a nosa humanidade” (citas dun artigo publicado en ABC o 8-9-2008).

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >