Advertisement
Puntogal
Mirando polo noso PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
jueves, 22 de octubre de 2009

A crise manca duramente e o Goberno galego arquivou os plans industriais asociados ao concurso eólico: 8000 postos de traballo e 1800 €/galeg@ perdidos, case todos a xerar dende  empresas galegas.

O sector audiovisual non ten interlocutor dentro do Goberno. Centos de postos de traballo en risco. As industrias de servizos véñense laiar ao Goberno da falta dun pulo á empresa galega cos eventos do Xacobeo. Seica os eventos planificados para o 2010 non terán capacidade ningunha de crear esa riqueza que se acadou, con todo, no 1993 e no 2004.

A Xunta tira de bufetes, estudos e empresas de fóra da Galicia para analisar cuestións legais, comprobar o funcionamento dalgúns servizos públicos, prestar servizos e achegar programas e equipamentos informáticos.

A Consellaría de Medio Rural subvenciona con 6M€ a unha fábrica de queixos castelá e mira de que “Nueva Rumasa” adquira coa planta de Pascual en Outeiro de Rei, minusvalorando a oferta alternativa de FEIRACO e demáis cooperativas, xa fortemente danadas coa suspensión do plan eólico. Esquece o Goberno galego, amáis das recomendacións da Comisión do Mercado de Valores a respecto de “Nueva Rumasa”, que as cuestións agrogandeiras, forestais e atinxentes ao medio rural, en xeral, pertencen ao ámbito da economía política e que a economía social, onde se integran as cooperativas, constitúe o cerne da política de reactivación económica, social, ambiental e cultural que defende a Unión Europea para o medio rural.

Infraestruturas xa licitadas polo bipartito non acaban de se adxudicar, a pesares da súa necesidade e das lexítimas expectativas de dereito dos contratistas. E, pola contra, dende a Consellaría de Sanidade, deféndese un modelo de financiamento privado da obra pública sanitaria que deixará fóra o bó facer das empresas galegas para privilexiar o prantexamento financeiro de determinadas grandes empresas de Madrid e dalgunhas multinacionais.

Semella, pois, que non hai sitio para o tecido empresarial autóctono. Que, no medio da crise, non hai lugar para os emprendedores galegos. Que determinadas políticas económicas prefiren ás corporacións foráneas e non apostan por crearmos ese tecido empresarial potente que require o noso País.

E, miren vostedes, esta caste de decisións adóitase pagar caro. En primeiro lugar, porque termos o centro operativo das empresas crea empregos cualificados, de soldos relativamente altos. En segundo lugar, porque, cando as crises afogan, o último sitio onde o empresario pecha é no seu propio país. Porque non é verdade que o capital non teña patria. Que llelo digan á bávara BMW, á alemá Daimler Benz, á finesa Nokia ou  á sueca Ericsson.

Un tecido empresarial galego, un medio favorábel ao emprendemento produtivo, é o mellor ambiente para a superación da crise que vivimos.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >