Advertisement
Puntogal
Lucía Molares amosou a súa satisfacción pola sinatura do preacordo do metal PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 22 de octubre de 2009

A delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, manifestou a súa "satisfacción" polo preacordo sobre o convenio do sector metalúrxico para a provincia de Pontevedra, se ben confiou en que se sumen as organizacións que non asinaron o preacordo, o sindicato CIG e as patronais Foncalor e Instalectra.

Nunha roda de prensa onde realizou unha valoración dos orzamentos da Xunta para 2010 na área de Vigo, Molares, quen foi parte da mediación no conflito, incidiu na súa satisfacción polo preacordo acadado por tres das cinco patronais (Asime, Atra e Feca) e os sindicatos CC.OO. e UXT, aínda que precisou que sería "óptimo" se o resto de implicados (CIG pola parte sindical e Foncalor e Instalectra por parte dos empresarios) se adhíresen ao acordo definitivo, pendente de asinar.

"Creo que hai tempo para que os que faltan se incorporen", insistiu, para incidir en que recoñecer o "esforzo" realizado por quen pecharon un preacordo que, segundo lembrou, acadouse "tras moitos meses de negociación e conflito".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
Seguinte >

Últimas conflito do metal

No items to show...