Advertisement
Puntogal
CCOO e UXT asinaron coa Patronal o preacordo para o convenio do Metal, ao que a CIG se opón PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 22 de octubre de 2009

Houbo unha concentración de apoio nos xulgados
Houbo unha concentración de apoio nos xulgados
Na noite do martes 20 de outubro tivo lugar a sinatura dun preacordo para o Convenio do Metal da provincia de Pontevedra, asinado por CCOO e UXT, así como por todas as asociacións empresariais, agás Instalectra e Foncalor. Ás 11.30 asinabase este preacordo, xa que até ese momento estiveron facendo a acta do preacordo, asi como se retocou a cuestión do incremento salarial para o segundo e terceiro ano, xa que a CIG denunciara que tal e como estaba redactado non garantía ningún tipo de suba.

A CIG negouse a asinar, xa que, se trata da mesma proposta que foi presentada polos mediadores en xuño, no decimoterceiro dia de folga, e que daquela fora rexeitada polo conxunto dos traballadores/as do sector.

Xuizo a traballadores

O 21 de outubro tiña lugar a terceira xornada do macroxuízo contra trece traballadores do Metal, que no 2006 se mobilizaron pola negociación do convenio. Desta volta foi a quenda das testemuñas aportadas polos acusados, e no que desde compañeiros/as de traballo, representantes sindicais da CIG ou até mesmo un fotógrafo, presente naquela mobilización, aportaron declaracións claras, nas que se aportaba a auténtica crónica do que aconteceu aquel dia: brutais cargas pola cidade e detencións arbitrarias, que finalmente concluiron neste xuízo.

"Rematou o macroxuízo que tivo lugar estes dias contra os nosos 13 compañeiros, e o que queda claro é que non se aportou por parte da acusación ningunha proba máis alá de declaracións dos policias, que foron moi contraditorias. Agardamos a sentenza para dentro dun mes e estaremos á expectativa, porque non imos consentir que ningún dos 13 compañeiros sexa condenado, polo que esperamos a súa libre absolución", asi informaba Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal, ás portas do Xulgado aos delegados e delegadas da CIG-Metal presentes na terceira xornada do xuízo contra os 13 do metal, que foi tamén o terceiro dia de mobilización contra a represión policial e sindical.

 

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >

Últimas conflito do metal

No items to show...