Advertisement
Puntogal
Alcaldes de 40 municipios reúnense en Mariñán para debater sobre a normalización do galego PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 2
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 21 de octubre de 2009

Unhas 80 persoas, entre alcaldes, concelleiros e técnicos de normalización participan, en representación de 40 municipios, no II 'Encontro de Política Lingüística desde as Administracións Locais' que acollerá o Pazo de Mariñán, no concello coruñés de Bergondo. Trátase dunha reunión promovida pola área de normalización da Deputación da Coruña e organizada pola Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL).

A xornada foi presentada na sede da institución provincial polo presidente da CTNL, Nel Vidal, e polo responsable da área de Política Lingüística da deputación, Xoán Manuel Sande.

Tras a inauguración, que tivo lugar ás 10,15 horas, interveñen os alcaldes de Cabana de Bergantiños e Monfero, así como a rexedora de Vilasantar para debater sobre a normalización nos concellos rurais con maioría galegoparlante. Ás 12.30 asiste o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, para falar da rede de dinamizacion lingüística da Xunta, analizando as posibilidades de desenvolvemento conxunto de accións entre o órgano provincial e os municipios.

A partir das 16.30, o ex alcade de Santiago Xerardo Estévez e o ex conselleiro de Presidencia da Xunta Xosé Luis Barreiro Rivas analizarán o 25 aniversario da declaración de Alcaldes de Compostela de 1984.

A xornada finalizará cun resumo humorístico do contido do encontro a cargo do actor e monologuista Carlos Blanco.

Trackback(0)
Comentarios (1)Add Comment
0
...
escrito por Bruno , noviembre 12, 2009
Quando, quando foi?, dicides horas e nom falades de días, mes...
abuso de envío
vota abaixo
vota arriba
Votos: +0

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >