Advertisement
Puntogal
O PP di que a manifestación está "politizada" por PSdeG e BNG en contra da "liberdade " lingüística PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 3
MaloBon 
Escrito por Redacción   
domingo, 18 de octubre de 2009

Alfonso Rueda
Alfonso Rueda
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda asegurou  que o seu partido "respecta" a manifestación celebrada en Santiago en defensa do galego, pero di que está "politizada" polo PSdeG-PSOE e o BNG para usara en contra da política de "liberdade" lingüítica da Xunta. O tamén conselleiro de Presidencia, aclarou que os populares "si que queren o galego", pero unha lingua "libre e que conviva en harnomía co castelán" porque "tamén é lingua oficial de Galicia".

Por outra banda, criticou a foto na que o secretario xeral dos socialistas, Manuel Vázquez, e o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, saen xuntos, alegando que "supón a reedición na oposición do bipartito que rompeu o consenso lingüítico".

En relación coa asistencia de representantes de ambas as dúas formacións á manifestación, Rueda lamentou a presenza do ministro de Xustiza, Francisco Caamaño. A este respecto, tachou de "insólito" que se manifeste contra un Executivo autonómico "en representación do Goberno central". Así as cousas, denunciou que o seu presidente, José Luis Rodríguez Zapatero, "envíe aos seus ministros como teloneiros do BNG a favor da ruptura do consenso".

Así, o secretario xeral do PP galego engadiu que Caamaño "nunca ante se preocupou" pola comunidade, "perxudicando co seu apoio ao Estatuto de Autonomía catalá a financiamento autonómico galega".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >