Advertisement
Puntogal
Miles de persoas colapsan o centro de Compostela baixo o berro "na Galiza en galego" PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 9
MaloBon 
Escrito por Redacción   
domingo, 18 de octubre de 2009

A manifestación percorreu as rúas de Compostela
A manifestación percorreu as rúas de Compostela
Entre aplausos e o son das gaitas comezaron a marcha as miles de persoas que se congregaron na Alameda compostelá para secundar a manifestación convocada pola plataforma cidadá 'Queremos Galego', unhas 50.000 segundo os datos da Policía Local e 100.000 segundo o colectivo. Con 15 minutos de atraso sobre o horario previsto, ás 12.15 horas o cabeza da mobilización partía rumbo a outro emblemático espazo da cidade, a Praza da Quintana, cunha reivindicación compartida, a defensa do idioma galego e a rebeldía contra a política lingüística da Xunta de Galicia e do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo.

Nas primeiras filas, políticos das cúpulas do BNG e do PSdeG-PSOE así como rostros coñecidos da esfera cultural da comunidade, sumábanse á protesta, e todos a unha única voz berraban "na Galiza en galego". Esta foi a frase máis cantada a coro durante todo o percorrido, no que eran abundantes as pancartas con lemas como 'aprender en Galego non é delito', 'pola nosa lingua nin un paso atrás', ou 'polo dereito a vivirmos en Galego'.

A marcha, que trascurriu a bo ritmo e sen incidentes, acadou a praza lateral da Catedral unha hora despois, sobre as 13,20 horas. Porén, chegaba ao punto de destino tan só o cabeza da manifestación porque, a esa hora, aínda saía xente da Alameda. Desde o alto dun escenario, a música das gaitas e os bombos recibiu os asistentes á mobilización, entremesturando o ambiente reivindicativo e o lúdico, nun espazo que--como ocorreu na manifestación do 17 de maio-- quedouse pequeno para reunir a todas as persoas que secundaron a manifestación.

As primeiras palabras foron as da actriz Isabel Risco, que fixo alusión á cantidade de persoas que a plataforma congregou en Santiago. "Ou houbo un boom de natalidade dende o 17 de maio ou é que máis xente quere o galego", sentenciou, porque "témolo dentro da cabeza e non se pode estirpar".

Desde embaixo a xente non deixaba de tocar as palmas, bailando ao ritmo da música e alzando numerosas bandeiras de Galicia que axitaban dun lado ao outro. Foi o momento entón da actuación músical dos integrantes da Quenlla, Mini e Cherna, que cantaron ao tradicional carro galego. Bieito Lobeira, Carme Gallego, Xurxo Souto ou Margarita Ledo acompañaron aos artistas coas súas voces.


Previsións desbordadas

Ao concluír a actuación, achegouse ao atril o voceiro de 'Queremos Galego' e vicepresidente da Mesa Pola Normalización Lingüística, Fran Rei, que definiu a convocatoria como unha manifestación "multitudinaria" e "nunca antes vivida" na defensa da lingua e a cultura galegas. Así, comentou que todas as previsións de organización víranse desbordadas porque "os galegos demostran que cando tocan o que queremos todas as previsión quédanse curtas".

Rei fixo uso da frase do escritor Celso Emilio Ferreiro na que definiu Compostela como un mar de pedra para afirmar que esta mañá a cidade era "un mar de orgullo, dignidade, e esperanza" que "demostra que este pobo ten futuro". "Haxa vento, chuvia, frío ou quente o sol, estaremos na rúa defendendo o que somos", aseverou, para "darlle unha nova lección de civismo" á Administración. Así as cousas, apuntou que "non corren bos tempos" para a lingua, por iso van a defendela "póñase como se poña Feijóo, os conselleiros e os políticos do PP", aos que acusou de "obedecer voces de fóra en vez de defender o galego".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >