Advertisement
Puntogal
A CIG convoca unha folga o día 19 no sector do metal de Vigo ante o xuízo a 13 traballadores detidos PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
jueves, 15 de octubre de 2009

Protesta dos traballadores do metal
Protesta dos traballadores do metal
A CIG convocou unha folga para o día 19 de outubro, no sector do metal da bisbarra de Vigo en apoio aos 13 traballadores detidos nas protestas de maio de 2006. O vindeiro luns celebrarase o xuízo contra os traballadores, acusados de resistencia e atentando contra a Policía, segundo indicou o sindicato. Catro deles enfróntanse a penas de prisión superior a tres anos e medio e os restantes a condenas próximas aos tres anos.

A folga será desde as 09.00 horas ata as cinco horas laborais seguintes e nas catro primeiras horas da quenda de tarde. Os seguintes días--as vistas celébranse os días 19, 20 e 21-- piden a concentración dos delegados de todos os sectores. "A nosa resposta, o día do xuízo, debe ser de todos, sen abandonalos", reclamaron e engadiron que "non pasa pola nosa cabeza que estes compañeiros poidan ser castigados con prisión".

Desde a CIG criticaron o "odio que manifesta a Policía contra os traballadores do sector", contra os que aseguraron emprega "unha sádica violencia". Así, lembraron que o 9 de maio de 2006, na folga pola negociación do convenio, rexistrouse unha carga do corpo armado pola que resultaron feridos 23 persoas, das que tres estiveron ingresados varios días no Hospital Xeral de Vigo. Ese mesmo día tamén foron detidos os 13 traballadores contra os que se celebra o xuízo agora.

Para o sindicato, as actuacións da Policía teñen como obxectivo "sementar o pánico e o medo para desactivar a unidade e as respostas dos traballadores". Tamén acusárona de "multar indiscriminadamente para castigar a fráxil economía dos traballadores". Neste punto, aseguraron que a súa intención é non permitir que "ningún" traballador teña que pagar as sancións.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >

Últimas conflito do metal

No items to show...