Abriu o acto Diego Fernández, un dos directivos da asociación buenense Troula na Banda, explicando o funcionamento desta nova fundación onde terán cabida tódalas disciplinas artísticas: música, teatro, curtametraxe, cine, maxia, escultura, etc. Agradeceu públicamente a colaboración dos demáis patronos e manifestou a necesidade de incluir ós Concellos de Cangas e Moaña que todavía non formaban parte por motivos de calendario, aínda que si que están moi interesados en participar.
Atraídas pola tradicional Festa do Queixo máis de 40.000 persoas visitaron Arzúa durante a pasada fin de semana. Un completo programa de actividades con concertos, obradoiros e a propia feira animaron unha vez máis a visitar este concello do interior de Galiza. En canto a vendas os resultados tamén foron positivos xa que algúns dos stands esgotaron as existencias superando as previsións. Galería de imaxes da Festa do Queixo
No Telecentro do Concello de Arzúa tivo lugar a presentación da 35 Edición da Festa do Queixo. No acto interviron Xaquín García, Alcalde do Concello de Arzúa; Xosé Luis García, Concelleiro de Cultura, Mocidade, Educación e Normalización Lingüística do Concello de Arzúa e Presidente da Asociación para a Promoción da Festa do Queixo; Xosé Luis Carrera, Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e Xosé Ramón Bernárdez, responsables do Concurso “Queixo Maquetón”.
O presidente de Portos de Galicia subliñou o compromiso do organismo portuario co porto de Bueu para que sexa un porto para todos, en que convivan todas as actividades. Así se manifestou nunha reunión de traballo mantida nas dependencias do ente público cos diversos sectores portuarios, como representantes dos armadores, da asociación mexilloeira Cons de Udra e do colectivo da sétima lista.