A exposición estará aberta no horario habitual de 16:30 a 20:30h. O autor é Fernando Gago, natural de León e galego de sentimento, xa que leva residindo en Lugo máis da metade da súa vida. Fai fotografía dende o ano 1.983, no ano 1.985 cursa estudos de fotografía no Instituto Americano, vinculado coa Escola Técnica de Alta Fotografía de Madrid e dende o ano 1988 forma parte do grupo cinematográfico FONMIÑA de Lugo, no que conecta con outros fotógrafos da cidade e aumenta os seus coñecementos.
A Xunta comprometeuse en Santiago a ceder os terreos da antiga Etea para ser usados no Campus do Mar da Universidade de Vigo e poder ser elixido na convocatoria de excelencia do Goberno central. O anuncio fíxose tras a reunión mantida entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago.
O I Encontro Galego de Música Xove, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e patrocina o Xacobeo 2010, celebrase en Santiago. A iniciativa, á que asistirán máis de 100 grupos de toda Galicia e preto de 500 participantes, suporá o lanzamento dunha liña de traballo ao redor da xuventude e a música, que o Goberno galego porá en marcha en próximas datas, tal e como avanzou durante a presentación do evento o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.
A Consellaría de Sanidade demandó ao concello de Pontevedra consenso e compromiso institucional para sacar adiante a costrucción do novo hospital máis alá de intereses políticos. Así llo comunicou a titular do departamento autonómico, Pilar Farjas, ao alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, nun encontro mantido en Santiago a que acudiu ademais o presidente da deputación, Rafael Louzán.
Unha trintena de desempregados do naval pasou a súa primeira noite acampada nos inmediacións da sede da Xunta en Vigo, despois de que o luns comezasen esta acción de protesta, que ten carácter indefinido, para esixir a regulación da contratación no sector.