Advertisement
Puntogal
galiza


23 patrullas do Exército vixiarán os montes galegos desde o 1 de xullo para evitar incendios PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
Escrito por Redacción   
martes, 22 de junio de 2010

Vinte e tres patrullas do Exército, cada unha integrada por tres efectivos, vixiarán o territorio galego desde o 1 de xullo para disuadir aos incendiarios e, así, evitar lumes forestais durante a época de máximo risco. Na sinatura do convenio de colaboración entre a Consellaría de Medio Rural e o Ministerio de Defensa, o director xeral de Política de Defensa, Juan Carlos Villamía, precisou que as patrullas comezaron a incorporarse o pasado día 15 para facer "recoñecementos de zona".

 
Rueda di que Galicia votará non aos bipartitos municipais porque votar PSOE ou BNG é votar Zapatero PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
Escrito por Redacción   
lunes, 21 de junio de 2010

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, augurou que Galicia dirá "non" aos bipartitos municipais, como o fixo "nas eleccións autonómicas de 2009". "Só faltan once meses para que os galegos lle lancemos a mesma mensaxe aos gobernos bipartitos dos concellos", asegurou.

 
A Xunta aproba o calendario laboral para 2011, que fixa 12 festivos PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
Escrito por Redacción   
viernes, 18 de junio de 2010

O Goberno galego aprobou o proxecto de decreto que determina o calendario laboral para 2011 en Galicia, e fixa 12 festivos para o próximo exercicio, correspondentes a festividades estatais e autonómicas. Ao coincidir o 1 de maio (Festa do Traballo) e o 25 de decembro (Nadal) en domingos, estes serán substituídos polo 17 de maio e o 19 de marzo, Día das Letras Galegas e San José, respectivamente.

 
Máis de 9.150 alumnos galegos empezan a Selectividade PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
Escrito por Redacción   
miércoles, 16 de junio de 2010

Un total de 9.151 alumnos matriculáronse en Galicia para realizar as Probas de Acceso á Universidade (PAU), que terán lugar en toda a Comunidade Autónoma entre hoxe e o venres e que arrincarán co exame de Lingua Castelá e Literatura.

 
A CIG ve un tremendo erro non facer folga xeral ata setembro PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 3
Escrito por Redacción   
miércoles, 16 de junio de 2010

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, considerou "un tremendo erro" non facer a folga xeral ata setembro e avisou de que, neste escenario, é "probable" que a súa organización opte por realizar actos "por separado", co fin de "non mesturarse" cun modelo sindical "regresivo", co que identificou os sindicatos CC.OO. e UXT.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 11 - 20 de 101