Nun anterior artigo deste espazo defendiamos a tese, que era tamén título: “Outra España non é posible”. A recente sentencia do Tribunal Constitucional verbo do Estatut de Catalunya de 2006 vén, coidamos, a corroborar a devandita tese: son 14 os preceptos declarados non constitucionais e 27 as interpretacións sinaladas para dar un total de 41 artigos “tocados”, que aínda que lonxe dos máis de 100 impugnados polo PP, deixan sen dúbida un Estatut á baixa. Ocórresenos dicir que “ficou ben puído” por se non tivese sido xa ben “cepillado”, empregando a expresión do que fora presidente da comisión de estatutos do parlamento español, Alfonso Guerra, en referencia ao primeiro recorte que a devandita comisión lle practicara.
Unha aguda recesión económica (que ata podería desembocar nunha gran depresión) zarandea os alicerces do sistema capitalista. Desde finais de 2007, cando o esborralle das hipotecas “subprime” en EE.UU mergullou á estrutura financeira internacional nunha hecatombe de dimensións históricas, o conxunto da economía capitalista mundial rodou cara á recesión máis grave desde o crack de 1929 e o conxunto do sistema bancario terminou nunha especie de colapso xeral.
Galicia partilla co resto das nacións españolas a desgraza de contar cunha dirección estatal dos principais partidos (PSOE e PP) que, mesmo na dramática situación económica actual, seguen a xogar ao ataque persoal, ao “y tu también; y tu más”, mirando só ao propio embigo, incapaces de enxergar un proxecto de futuro pensando nos intereses da sociedade.
Segundo como se mire. Para uns será o Día de Santiago Apóstolo; ese que din veu polo mar nunha barca ata Padróns, máis ou menos. Para outros será o día de Galicia, que é como unha denominación light que nin compromete nin di nada que non saibamos todos. Finalmente queda o Día da Patria Galega. Aquí xa estamos entrando noutros mundos. Naqueles mundos nos que Galicia é considerada unha nación, pero con valor xurídico; non como quere pasarnos de matute o Tribunal Constitucional. O Sr. Presidente xa dixo que Patria e Nación non hai máis que unha. Que xa ten 500 anos de existencia, segundo nos di a Enciclopedia Álvarez dos anos 50 de onde, seguramente, Feijóo tomou o dato.
Hai unhas estrofas do himno galego que vén a explicar perfectamente a situación en que se encontran hoxe os sindicatos, en plena crise do modelo de sociedade europea: Os bos e xenerosos/a nosa voz entenden/….../mais sóo os iñorantes/e féridos e duros, / imbéciles e escuros/non nos entenden, non.
Cando falo pola rúa coa xente, vexo un país máis ou menos normal. Estamos todos atafegados cos traballos e tarefas da vida e case todos mergullados na loita pola sobrevivencia diante da crise. As persoas e empresas teiman por sair adiante e albiscamos moitas capacidades que, ao mellor, hai tres ou catro anos semellaban agochadas.
Abrollou a crueldade que de tempo en tempo amosa a vida e o tren de Alacante levouse por diante 13 rapaces e rapazas novos. Ian de troula na noite máis longa e máxica do ano, sen saber que para eles virariase na derradeira. Foi na noite de San Xoán, na estación dos camiños de ferro de Castelldefels-Platja.
Disque había-niso que lle chaman Madrid- unha mesa de negociación da reforma laboral, que polo que eu sei, non chegaba a acordo ningún, ao mellor porque facían parte da mesma nada menos que UGT, CC.OO. e a CEOE. Disque o Presidente ZP fartouse da lentitude das súas deliberacións e arestora ameázanos coa reforma laboral.
Calquera persoa de boa vontade non pode máis que horrorizarse ao lembrar o holocausto onde millòns de xudeus foron masacrados polos nazis. Só aqueles que repiten semellantes barbaridades manifestan o seu obsceno desprezo por aqueles feitos, e son os seus descendentes israelies, precisamente a quen máis debería afectarlles, os que profanan as tumbas dos seus antepasados gaseados, cada vez que asasinan a persoas sen máis protección que unha bandeira branca como único obxecto inocuo de paz, como acaba de ocorrer coa “flota da liberdade” que trataba de introducir axuda humanitaria para os humillados, sometidos e desesperados cidadáns palestinos de Gaza.