|
miércoles, 09 de junio de 2010 |
 Xurxo Lobato O fotógrafo galego máis internacional está a presentar estes días o seu último libro, “No país das vacas”(Xerais, 2010), toda unha declaración de amor cara ao animal que pode definir un país. Membro da Real Academia Galega de Belas Artes, Patrono da Fundacion Castelao e Director do Festival de Fotografia Olladas, Lobato achegou nos últimos anos ao mundo da imaxe unha solvencia propia. Recoñecido no mundo editorial e xornalístico, non deixa de traballar en temas que acheguen novas olladas sobre o noso territorio. |
|
|
miércoles, 09 de junio de 2010 |
 Santiago Domínguez Olveira Entre reunión e reunión apenas ten tempo de atender aos medios. Tres anos no goberno municipal da maior cidade galega levando a responsabilidade da Tenencia de alcaldía e as concellerías de Industria, Comercio, Turismo e Cascos Históricos dan para moito. Do traballo nesas áreas e de temas de actualidade como a futura "caixa galega", as eleccións municipais e a crise propuxémoslle falar nesta entrevista. Non eludiu ningunha resposta adiantando que, para o ano, os orzamentos municipais seguirán na mesma liña de austeridade. |
|
|
miércoles, 19 de mayo de 2010 |
 Coque Malla Fillo de actores e roqueiro vocacional, Coque Malla liderou Los Ronaldos e agora grava en solitario. Do seu paso polo cine, unha ducia de cintas. Con este currículo, o seu paso por Cans era cuestión de tempo. Será o venres, á medianoite, no torreiro. E vén coa guitarra para facernos mover as pernas. |
|
|
lunes, 10 de mayo de 2010 |
 Fernández Lores Miguel Anxo Fernández Lores (Vilalonga, Sanxenxo, 1954) é alcalde de Pontevedra desde 1999. Desde entón conseguiu que a cidade medrara e mudara o seu aspecto. No seu despacho destacan dúas grandes fotografías que resumen un antes e un despois como exemplo de recuperación urbanística. Síntese orgulloso e non é para menos. Varios premios nacionais e internacionais danlle a razón. |
|
|
lunes, 10 de mayo de 2010 |
 Lucía Molares Din que é a superdelegada do novo goberno da Xunta. Lucía Molares é a responsable de consensuar co Concello de Vigo e todos os que conforman a súa Área Metropolitana as iniciativas que a administración autonómica propón para este territorio. Falamos de economía, de infraestruturas, da súa relación coas diferentes administracións locais e, por suposto, do proxecto político do PP para a cidade olívica. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 1 - 10 de 22 |