A Consellaría de Cultura e Turismo avanzou a finalización das obras en 14 tramos do Camiño Francés correspondentes aos concellos lugueses de Pedrafita do Cebreiro, Paradela Triacastela, Samos e O Pino. O seu titular, Roberto Varela, destacou que as actuacións concluíron no prazo "previsto e anunciado".
A cidade dos rañaceos acolleu a premiere americana do filme galego “A sinapse do Códice”, unha película dirixida por Pablo Iglesias que narra o mito da primeira muller peregrina da historia que percorreu o camiño francés ata Santiago. A proxección, con gran afluencia de público, tivo lugar na Casa de Galicia de Nova York e foi precedida dunha presentación do director a cargo da presidenta da Casa de Galicia na cidade, Rita Mariña.
O Goberno galego asumirá a posición maioritaria no padroado da Fundación Camilo José Cela para "blindar" a permanencia do legado do único Premio Nobel galego na comunidade, segundo acordou o Consello da Xunta e expuxo o presidente, Alberto Núñez Feijóo, ao termo da reunión. En virtude do acordo autorizado, a entidade pasará a formar parte das fundacións do sector público de Galicia, aínda que a súa sede permanecerá en Iria Flavia. Iso si, haberá "unha cesión temporal" do legado bibliográfico e dos manuscritos de Cela, que se instalarán na Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura.
O Sónar Galicia ofrecerá na Coruña un cartel con 100 artistas e 42 actividades programadas. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou o Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia Sónar Galicia 2010, asegurando que "non é esaxerado dicir que é un dos festivais máis importantes do mundo, non só no eido específico da música electrónica, senón da música en xeral e con maiúsculas".
Os corpos dos galegos ilustres xa non descansan en terreo público. As cinzas de Castelao, Rosalía, Cabanillas, Asorey ou Brañas, daqueles que, sen ser Santos, constitúen unha parte esencial da memoria histórica colectiva do país, están en mans da Igrexa.