Advertisement
Puntogal
Artigos Manuel Mera
Manuel Mera

Piratas e colonialismo PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 4
manuel mera
Escrito por Manuel Mera   
lunes, 02 de noviembre de 2009

Fai un mes que foi capturado o pesqueiro Alakrana por piratas somalís seica en augas internacionais, no Corno de África, malia a presenza na área de 40 naves de guerra de 16 estados, e fai só uns días foi repelido un novo intento de secuestro ao atuneiro Artza pola “seguridade privada” do barco (mercenarios a bordo?...). O certo é que o tema ten moita miga, ademais de orixinar situacións, como nestes casos, que poñen en perigo a vida de traballadores do transporte e da pesca.

 
A importancia da axitación PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
manuel mera
Escrito por Manuel Mera   
martes, 27 de octubre de 2009

Manuel Mera
Manuel Mera
Fai 25 anos, un 14 de febreiro, a INTG alargaba ao resto de Galiza a convocatoria dun paro unitario na comarca de Vigo, contra o desmantelamento do sector naval e outras industrias, dando lugar á primeira folga xeral que viviu o noso país. O nacionalismo botoulle coraxe, xa que daquela representaba só un 20% dos delegados e delegadas, a patronal, por suposto o Goberno central, e CC.OO e UGT, opúñanse. Acusaban ao sindicalismo nacionalista de aventurerismo e querer aproveitar a situación por motivos políticos. O certo é que a folga xeral nacional (así se chamou) saíu adiante. O paro seria especialmente significativo en Ourense (ademais de Vigo), porén tamén en moitas vilas e tensionou a todas as cidades galegas en maior ou menor medida. As consecuencias: que CC.OO premida pola base convocou xunto coa INTG ese ano dúas folgas máis: o 12 de xullo e o 29 de novembro.

 
Rebeldía antiforal en Tomiño PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
manuel mera
Escrito por Manuel Mera   
jueves, 24 de septiembre de 2009

O mitin antiforal realizado en Tomiño no ano 1909, do que fixo un século o 20 de xuño pasado, coido que ten unha significación especial, aínda que daquela pode que non se lle dera máis importancia que a tantos outros que se estaban a facer por todo o país, por iniciativa do Directorio Antiforal de Teis e outras organizacións. No só se trata do primeiro mitin rural que fai o Directorio se non que asemade, como nos di JA Durán (no seu libro Agrarismo y movilización campesina en el país gallego 1875-1912), Xacinto Crespo abre os discursos e, por vez primeira nesta campaña, emprega o galego, e a outra novidade será que unha muller, Carmen Álvarez, diríxese á numerosa concorrencia feminina.