Advertisement
Puntogal
guillerm
Día da Patria, Día de Galicia, Día do Apóstolo PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
lunes, 26 de julio de 2010

Segundo como se mire. Para uns será o Día de Santiago Apóstolo; ese que din veu polo mar nunha barca ata Padróns, máis ou menos. Para outros será o día de Galicia, que é como unha denominación light que nin compromete nin di nada que non saibamos todos. Finalmente queda o Día da Patria Galega. Aquí xa estamos entrando noutros mundos. Naqueles mundos nos que Galicia é considerada unha nación, pero con valor xurídico; non como quere pasarnos de matute o Tribunal Constitucional. O Sr. Presidente xa dixo que Patria e Nación non hai máis que unha. Que xa ten 500 anos de existencia, segundo nos di a Enciclopedia Álvarez dos anos 50 de onde, seguramente, Feijóo tomou o dato.

 
Deputacións si, deputacións non PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 5
miércoles, 09 de junio de 2010

Nestes últimos tempos estamos asistindo a unha incursión política na existencia das deputacións provinciais. O alcalde de Vigo, Sr. Caballero Álvarez, aposta pola súa supresión e cederlle aos concellos grandes, como é o caso de Vigo, a distribución dos recursos que agora entende non inviste o ente provincial. Os seus camaradas de Lugo e A Coruña, presidentes de ámbalas dúas deputacións, non están de acordo co alcalde vigués.Obviamente estamos diante dunha cuestión de intereses políticos máis que de racionalización de recursos.

 
Existe unha real liberdade de información? PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 3
lunes, 10 de mayo de 2010

O pasado día 3 celebramos o” Dia da Liberdade de Prensa”. Liberdade contra a que nestes momentos están disparando dende moitos sectores sociais.

Nós, dende este humilde outeiro vimos manifestando a nosa convición de que non existe liberdade de prensa se falamos con rigor. A  liberdade, entendida coma un estado en que as persoas se senten independentes e non suxeitas a ningún tipo de manipulación ou presión, non existe nestes momentos.

 
Que nos permite o 'Gran Hermano' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
viernes, 09 de abril de 2010

Xa dixemos máis dunha vez que non é verdade iso de que a prensa sexa o cuarto poder. O poder nestes momentos pasa polos consellos de administración das empresas; tanto das editoras de medios como doutro tipo de produtos.

Está demostrado que dentro dos muros dunha empresa mediática ten máis peso o departamento de publicidade que a propia redacción. Non é inhabitual que se “levante” unha información, a última hora, para dar paso a un anuncio. A publicidade manda porque é unha poderosa arma de penetración nos mercados para os produtos que xeran as grandes multinacionais.

 
Os políticos, teñen que saber de todo? PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
viernes, 05 de marzo de 2010

Cando un home ou unha muller deciden  meterse en política fano voluntariamente, aínda que as motivacións persoais que os movan sexan doutra índole. Non son obrigados por ninguén, nin é unha esixencia vital para as súas vidas. Poden quedarse na casa e seguir coa súa vida normal e ninguén lles vai pedir contas. Iso por un lado; polo outro temos situacións extravagantes no funcionamento das institucións que dependen do poder político. Médicos que deciden sobre cuestións educativas,  administrativos que se cren doutores,  ou mecánicos que pensan que son expertos en urbanismo.