Advertisement
Puntogal
Artigos Ramón Muñiz
Ramón Muñiz é sociólogo

Dun tempo improbable a un tempo imposible PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
Ramón Muñiz
Escrito por Ramón Muñiz   
viernes, 12 de marzo de 2010

Fai bastentes anos,  tiven ocasión de asistir a un congreso de socioloxía en San Sebastián. A súa diversidade temática obrigaba a simultanear as sesións por aulas. Unha delas estaba dedicada a ETA, o que amosaba o interese sociolóxico que tiña esta organización en Euskadi. Presentáronse cantidade de relatorios. Non me apuntei a esta aula, porén tiven ocasión de mercar un libro moi suxestivo, editado en 1989 “A evolución estratéxica de ETA” do profesor de Historia das ideas políticas e movementos sociais da Universidade vasca, Pedro Ibarra Güell,  que  reflexionaba no seu final sobre as posibilidades de saída ao conflito vasco.

 
O idioma, unha cuestión política PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
Ramón Muñiz
Escrito por Ramón Muñiz   
miércoles, 03 de febrero de 2010

Se en Galiza fixérase unha enquisa á poboación, como a promovida en Francia polo presidente Sarkozy sobre que definiría mellor a nosa identidade, a inmensa maioría diría que a lingua galega. Seguramente a calquera galego sería o que primeiro lle viría á memoria aínda que non o falase. Non se lle podería ocorrer nada tan característico, diferenciador, e de maior valor identificativo. Até atrévome afirmar que a propia Gloria Lago, nun acto de decencia intelectual, contestaría o mesmo aínda que logo, a pé de páxina, deixase claro que a pesar diso ela preferiría que se falase castelán.

 
Condenados a entenderse PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
Ramón Muñiz
Escrito por Ramón Muñiz   
jueves, 07 de enero de 2010

Fusión ou absorción? Non, non estou a referirme ás Caixas, senón a unha hipotética repetición do  bipartito na Xunta de Galicia. Pero é que  o das Caixas tennos tan absortos que a súa linguaxe lévanos a utilizalo, tamén, en relación a estes grupos políticos.

A cousa vén polas declaracións a El País do sr. Fernández Moreda, Presidente da Deputación d'A Coruña, e máximo dirixente do PSdeG na provincia, nas que dicía que  nunha coalición "o maioritario debe mandar". Aínda por riba, afirmaba que este tipo de gobernos "confórmanse en torno ao programa do partido maioritario". En tal caso, ao minoritario daríaselle algún papel, supoñemos que para que non se aburra. Moreda daba por feito que o maioritario sería o seu partido e o BNG o minoritario, doutra forma seguro que non diría o mesmo.

 
Condenados a entenderse? Veremos. PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
Ramón Muñiz
Escrito por Ramón Muñiz   
martes, 22 de diciembre de 2009

Fusión ou absorción? Non, non estou a referirme a Caixa Galicia e Caixa Nova, senón a unha hipotética repetición do  bipartito PSdeG/BNG na Xunta de Galicia. Pero é que  o das Caixas tennos tan absortos que a súa linguaxe lévanos a utilizalo, tamén, en relación a estes grupos políticos.

 
Corrupción, unha pandemia ao axexo PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
Ramón Muñiz
Escrito por Ramón Muñiz   
lunes, 23 de noviembre de 2009

Parece ser que aquelo de que a función dos políticos era servir ao pobo pervértese agora pola de servirse a si mesmos. As tramas de corrupción, que nos conmoven dende fai tempo, das persoas que dispoñen de poder, están a superar con fartura a excepcionalidade que toda regla ten, ao estenderse como mancha de aceite por toda a xeografía hispana na medida que se amplían as investigacións e se incrementan as fiscalías anticorrupción. Polo que se deduce que aínda hai moito máis do que se descobre. Máis aínda, cando as dificultades para facelo son moitas dado o maior  coidado dos corruptos e dos seus cómplices, e ata porque unha vez conseguidos os indicios, necesítanse anos de seguimento  para obter  as probas inculpatorias.

 

Últimos artigos Ramón Muñiz

No items to show...