Advertisement
Puntogal
Artigos Oscar Lomba
Óscar Lomba realizou estudos de maxisterio, filosofía e dereito económico

“Manifesto noorevolutiosfera de Acuario” PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 8
Óscar Lomba
Escrito por Redacción   
lunes, 22 de febrero de 2010

Ansiamos entoar a balada do odio ao opresor, a experiencia de des-aprender, o costume de sublevarnos a diario. O quefacer do atrevemento cotián e o arroxo reincidente.

A resolución para atravesar o muro de cristal blindado, a coraxe e a rebeldía serán mecanismos cardinais da nosa lírica.

 
Do cancro sistémico á metástase global. PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 42
Óscar Lomba
Escrito por Óscar Lomba Álvarez   
viernes, 27 de noviembre de 2009

“Final do capitalismo? O capitalismo fai anos que deixou de ser un sistema determinado e as súas condicións forman parte da condición mesma da humanidade. Se estivésemos asistindo á morte dun sistema determinado abriríase a ocasión para probar con outro ou outros máis. O funeral do capitalismo é sen distinción a fin dunha época, posto que o fracasado non é unha orde de desenvolvemento económica ou social senón o desenvolvemento da orde coñecida.”. Vicente Verdú

 
O capital español e o poder monetario global PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 44
Óscar Lomba
Escrito por Óscar Lomba   
lunes, 23 de noviembre de 2009
"A igualdade da riqueza debe consistir en que ningún cidadán sexa tan opulento que poida mercar a outro, nin ningún tan pobre que se vexa necesitado de venderse".
(Jean- Jacques Rousseau.)

O gran capital transnacional e a maioría das empresas multinacionais teñen no noso mundo moderno maior marxe de manobra que calquera goberno e maior liberdade que o propio ser humano. O desenfreado proceso de acumulación capitalista e os inexistentes mecanismos para o control dos fluxos internacionais do capital financeiro posibilitaron que os caudais dinerarios (e os seus posuidores) protagonicen os episodios máis insolidarios, amargos e ata sinistros das relacións económicas internacionais.