Advertisement
Puntogal
Artigos Carlos Meixome
Carlos Méixome é director do IEM

Despois de Waterloo (III). Reflexións PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 12
Carlos Méixome
lunes, 04 de mayo de 2009

O Ramón Muñiz, vello compañeiro, que tivo un papel de primeira orde na sutura de feridas previas á asemblea de Riazor, recordábanos hai algúns días nestas mesmas páxinas que na década dos setenta, momento da explosión social do nacionalismo actual, foron dous os eidos de maior dinamismo: a intervención cultural e a defensa da terra.

 
Despois de Waterloo 2. As causas PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 3
Carlos Méixome
viernes, 03 de abril de 2009
A historia ensínanos, e nós desprezamos invariablemente a súa lección, que as coalicións comezan a disgregarse dende o momento en que desaparece o perigo común.
Harold Nicolson: O Congreso de Viena, 1945


Os científicos sociais andan sempre a darlle voltas ao porqué dos feitos, ás causas dos acontecementos. Mesmo arman leadas enormes, que despois denominan escolas, para explicar tal ou cal feito en función de uns consideraren primordial a razón A, mentres que outros inclínanse pola B, cando na realidade a causa é A, B, C... e moitas máis. O choio das causas sempre me trae ao maxín o magnífico ensaio, elegantemente humorístico, de Carlo M. Cipolla “O papel das especies (e da pementa en particular) no desenvolvemento económico da Idade Media”, recollido no seu divertido libriño Allegro ma non tropo.

 
Despois de Waterloo (I): A campaña PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 4
Carlos Méixome
viernes, 13 de marzo de 2009

"Tiña a intuitiva sensación de queo resultado final sería desgraciado" Napoleón en Santa Helena


Din, os que saben do choio, que unha boa campaña non serve para gañar eleccións, malia que unha mala pode facer que se perdan. Ben seguro que algo disto aconteceu o pasado primeiro de marzo. As enquisas previas indicaban unha axustada maioría do "bipartito gobernante", pero apuntaban algúns trazos significativos, logo confirmados:  o Pepé remontaba posicións dende finais do verán e mantiña unha fidelidade de voto superior aos seus contrincantes; unha maior dispersión do voto coa aparición de Terra Galega e UPyD, nomeadamente na provincia da Coruña; menor apoio nas cidades e vilas costeiras ás forzas do goberno e medraba o desinterese entre os sectores máis críticos que na anterior ocasión os apoiaran.