As obrigas laborais leváronme estes días pasados á cidade Suíza de Zürich onde fun sorprendido, alén de por moitas outras cousas, polo nome dun dos ríos que travesa unha parte desta cidade: SIHL. Decontado o meu pensamento bateu no río que co mesmo nome, SIL, está situado na Gallaecia histórica (o SIL travesa as agora chamadas provincias de León, Lugo e Ourense). Axiña pensei na lingua xermánica, concretamente na Suizo-alemá, que se fala neste cantón do país centroeuropeo, parente da que trouxeran con eles á Gallaecia romana os Suevos aló polo ano 411 da nosa era.
Nunca pensei que o actual presidente da Xunta de Galicia puidese facer tanto a prol do galego. Non somos poucos os que pensamos que máis ca normativas e decretos o que precisamos é dunha maior conciencia. E velaí que Feijoo está a contribuír na formación, en distintos graos, dunha conciencia cidadá a prol da defensa da lingua propia de Galiza.