Advertisement
Puntogal
Artigos Perez Lema
Pérez Lema é avogado

O perigosísimo ponto morto PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
Perez Lema
Escrito por Xoán Antón Pérez Lema   
viernes, 12 de marzo de 2010

O Goberno do Estado segue a usar da súa posición de avantaxe a respecto da lei galega de caixas. Dez aspectos esenciais da devandita Lei foron suspendidos automáticamente polo Tribunal Constitucional, na demostración dun privilexio que a Carta Magna dalle ao Poder estatal, mentres llelo nega ao Poder galego. A negociación atópase bloqueada, mais o secretario de Estado de Cooperación Territorial Gaspar Zarrías segue a se permitir darlle consellos á Xunta nunha clara manifestación de falla de respecto institucional. Un comprende que Feijoo non goste de semellante interlocutor, mais cómpre lembrarlle ao Presidente que no mundo das relacións institucionais as representacións dos outros Poderes nos veñen dadas e non somos quén a mudalas, como tampouco sería admisíbel que  os outros tentaran mudar as nosas.

 
O pacto contra a crise PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
Perez Lema
Escrito por Xoan Antón Pérez Lema   
martes, 09 de marzo de 2010

O Goberno ZP fai que fai que quere un pacto de Estado contra a crise. Antonte coñecíamos as propostas do PP a respecto das posíbeis solucións e onte coñecíamos as do BNG.

Pola súa banda, o Goberno de Feijóo, encerellado coa negociación da Lei de Caixas, aínda non convocou as consultas previas ao tan preciso pacto galego contra a actual recesión económica, que é tan ou máis necesario ca o pacto de Estado.

 
Políticos e lingua galega PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
Perez Lema
Escrito por Xoan Antón Pérez Lema   
lunes, 01 de marzo de 2010

Malia que o galego sexa a única lingua propia da Galicia, o noso Estatuto recoñécelle tamén ao castelán rango de lingua cooficial no noso territorio. Velaí que calquera persoa sexa libre, en teoría, de escoller calquera das dúas linguas oficiais para o seu uso cotián, malia que pola súa minorización social e histórica sexa ben difícil para calquera de nós  desenvolver íntegramente a súa vida en galego, mentres que sexa ben doado desenvolvela íntegramente en castelán sen sequer facer o amábel aceno de respostar en galego aos que galego nos falan.

 
Das Caixa e do Estatuto PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
Perez Lema
Escrito por Pérez Lema   
lunes, 22 de febrero de 2010

O Tribunal Constitucional decidiu admitir a trámite o recurso do Presidente Zapatero e, xa que logo, suspendeu a vixencia da Lei de Caixas galega nos dez puntos concretos aos que se refire o recurso. No curto prazo esta decisión paralisa o proceso de anovamento dos órganos de representación e administración de Caixa Galicia e Caixanova, que terían de se rematar antes do 6 de marzo e agora ficarán suspendidos polo menos até fins  de xullo, tempo no que o Tribunal Constitucional haberá ratificar ou suprimir esta suspensión.

 
A crise grega PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
Perez Lema
Escrito por Xoan Antón Pérez Lema   
viernes, 12 de febrero de 2010

A UE segue a falar a linguaxe axeitada para ficarmos na pura desinformación. O xoves 11 os 27 Estados da Unión acordaron prestarlle á República helénica toda a axuda precisa para recuperar a credibilidade das súas emisións de débeda pública, mais furtaron informarnos como van desenvolver unha tal tarefa. Seica existiron serias discrepancias entre os 16 Estados da zona euro e outros Estados da Unión alleos á nosa moneda, como o Reino Unido ou Suecia, que ven a moita máis distancia o problema grego, por non partillar as graves repercusións que sobre a moeda común ten calquera tensión da confianza nos mercados.