Advertisement
Puntogal
Artigos Gonzalez Mariñas
Os tres partidos promoverán 'un gran acordo' para reactivar a economía PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
economia
Escrito por Redacción   
jueves, 18 de marzo de 2010

Leiceaga durante o debate
Leiceaga durante o debate
A posta en marcha dun plan económico para atallar a crise foi o principal acordo adoptado polos grupos parlamentarios na segunda sesión do debate do Estado da Autonomía. Esta iniciativa presentada polos socialistas logrou a unanimidade das forzas políticas da Cámara, que así se fixan como obxectivo pórse a traballar conxuntamente para intentar sacar ao país da recesión económica.

 
O PSdeG apoiará finalmente a reforma da Lei do Solo tras incorporar máis condicionantes ambientais PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
ecoloxia
Escrito por Redacción   
miércoles, 17 de marzo de 2010

O PSdeG votará finalmente a favor da reforma da Lei do Solo no próximo pleno da Cámara, toda vez que o grupo popular mostrou a súa disposición a cambiar a redacción do artigo 39 sobre protección de espazos naturais. Así o anunciou a voceira de ordenación territorial do grupo socialista, Mar Barcón, quen mostrou a satisfacción do seu grupo polo acordo aceptado, que "protexe os espazos naturais e zonas como Touriñán e impide a realización das plantas de acuicultura".

 
Feijóo chama a acadar pactos nas estratexias anticrise, o territorio, o rexuvenecemento e as caixas PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
politica
Escrito por Redacción   
miércoles, 17 de marzo de 2010

O parlamento galego en pleno debate do estado
O parlamento galego en pleno debate do estado
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo unha chamada a acadar pactos en catro cuestións que definirán o futuro da comunidade: a fusión das caixas, as estratexias anticrise, o territorio e o reto do rexuvenecemento poboacional. No debate sobre o Estado da Autonomía, que continuará coas propostas de resolución, anunciou que antes do 20 de abril será presentado o Plan Estratéxico 2010-2014 para "encarar a crise" e "saír reforzada cara a vindeira década".

 
Catro medallas para os galegos nos estatais xuvenís de atletismo en pista cuberta PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
deportes
Escrito por Redacción   
martes, 16 de marzo de 2010

Paula Ferreiros
Paula Ferreiros
Celebrouse e campionato de España na categoría xuvenil en pista cuberta, e o resultados xeral dos galegos foi moi positivo. Un total de catro medallas foron as conseguidas polos nosos representantes. As medallas de ouro foron para Paula Ferreiros do San Fernando Lucus, en altura con 1,65 metros e Belén Toimil do Sierra Narón en peso con 12,20. A medalla de prata foi para Carlos Porto do Real Atletismo Celta en 1500 m. con 4.06.66 e a de bronce logrouna Lidia Parada do Barbanza en peso con 11,76.

 
A Xunta presenta ante o TC as alegacións en defensa da constitucionalidade da lei de caixas PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
caixas
Escrito por Redacción   
martes, 16 de marzo de 2010

A Consellaría de Presidencia seguiu os pasos do Parlamento de Galicia ao presentar ante o Tribunal Constitucional (TC) as súas alegacións en contra do recurso formulado polo Goberno central en contra da lei de caixas galegas. Ante o parón que sofren as negociacións con Moncloa para lograr a retirada da impugnación, a Xunta remitiu ao alto tribunal un documento de 120 páxinas en que expón os argumentos legais que "avalan a constitucionalidade" dos once puntos da norma galega cuxa adaptación á Lei de Órganos Reitores das Caixas de Aforros (Lorca) puxo en entredito o Goberno central.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 9 de 368