Unha breve ollada, pretendidamente desapaixoada, sobre o problema da lingua
Anticipo tamén que comparto tódalas accións e movementos en defensa do galego. Sen embargo, aínda entendendo que este tema ten un evidente interese político-electoral, a min particularmente, non me interesa esta vertente. En moitas ocasións teño a impresión que, tamén neste asunto, o debate social formúlase ao nivel das paixóns máis primarias e, polo tanto, máis irracionais.
O goberno ten que exercer unha discriminación positiva a prol do galego que debe reflectirse na administración e especialmente na educación -totalmente en contra, pois, da modificación do decreto-. Non é de recibo, entón, a actitude hostil que amosan algúns -bastantes- membros do goberno. Nin que se patrocinen iniciativas socioculturais que desprecen o idioma, como se publicaba hoxe que ocorreu cunha páxina web de cociña patrocinada pola Consellería de Cultura.
Penso, porén, que deberíamos impornos o esforzo de analizar o problema cunha perspectiva de máis longo prazo para tratar de identificar as verdadeiras causas do retroceso no número de falantes.
Porque, non nos enganemos, o esforzo que se leva feito a prol do galego dende a instauración do goberno autónomo é obxectivamente moi importante. Educación, administración, tvg, investigación, mundo editorial, audiovisual, musical, etc. Sen embargo, o número de galegofalantes diminúe de xeito constante dende hai vinte e cinco anos.
Semella pois que o verdadeiro problema está nos criterios de elección individual que cada un de nos temos a respecto do idioma a utilizar.
E aquí coido que hai dous asuntos clave. O primeiro ten que ver coa presión que o idioma dominante exerce sobre o minoritario. E isto que ocorre tamén co inglés a respecto do español, incluso co español en relación ao portugués, con moita máis forza o sofre o galego nunha nación sen estado e sometido polo tanto ao influxo enorme de todo o español -medios de comunicación, administración, educación e relacións sociais-. Teño exemplos moi próximos de rapaces criados en galego que a medida que se van socializando -escola, amigos- pásanse ao español.
O segundo asunto, o fundamental, ten que ver coa autoidentificación que fai a maioría da poboación, que sente que pertence a España e non a Galicia. Falaba eu no post anterior -caixas de aforros e conciencia de país- que boa parte da cidadanía séntese cómoda coa homologación de Galicia como unha región autonómica española máis, alonxándose, nos últimos anos semella que definitivamente, da consideración de nación que manteñen Cataluña e Euskadi. Xa sei que isto ten a súa orixe en moi profundas razóns históricas nas que non é o momento de entrar agora. Mais, en tanto non se modifique este sentido de pertenza, avanzaremos cara a un estatus de reduto étnico folclórico para o galego. Eu non quero un idioma de museo.